2026 A eclipse do serán
Unha eclipse total de sol cruzara o norte de España (desde Galicia até Baleares) xusto no serán. Será un acontecemento histórico, co Sol escurecéndose completamente preto do horizonte, convertendo o final do día en noite.
A franxa de totalidade atravesará as comunidades de: Galicia, Asturias, Castela e León, Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Cantabria, A Rioxa, País Vasco, Navarra, Aragón, Cataluña, a Comunidade Valenciana e Baleares.
12 Agosto 2026
total
Comunidades clave
A eclipse do século
O 2 de agosto de 2027, a sorte volverá a nos sorrir, esta vez na parte sur da península. Este evento é considerado pola comunidade científica como o «A eclipse do século» debido á súa inusual duración máxima, de até seis minutos.
En España, a franxa de totalidade cruzará o Estreito de Xibraltar e o mar de Alborán. O sur de Andalucía, especialmente a costa de Cádiz, Málaga, Granada e Almería, así como as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, desfrutarán dunha escuridade total que, nalgúns casos durará máis de 4 minutos, un tempo considerablemente maior que a eclipse de 2026.
02 Agosto 2027
total
Comunidades clave
O gran anel de lume
Unha eclipse anular atravesará a península de suroeste a nordeste e Baleares. Ó non cubrir a Lúa todo o disco solar, formarase un impresionante «anel de lume» brillante ó redor da silueta en pleno inverno.
En lugar de escuridade total, os observadores situados na franxa central poderán ver un espectacular «anel de lume»: un bordo brillante de luz solar que rodea a silueta escura da Lúa. A franxa de anularidade cruzará a península de suroeste a nordés pasando, entre outras zonas, por Andalucía, Extremadura, Castela-A Mancha, Comunidade de Madrid, Aragón, Comunidad Valenciana, Rexión de Murcia, e rematando nas Illas Baleares e sur de Cataluña.
26 Xaneiro 2028
anular
Comunidades clave
Centro de Traxectorias
Queres saber como se verá a eclipse desde a túa localización? Este localizador do Instituto Xeográfico Nacional ofrece información oficial da traxectoria das eclipses, segundo os cálculos realizados polo Observatorio Astronómico Nacional.
Divulgación

COMISIÓN CIENTÍFICA Y DE ASESORAMIENTO DEL TRÍO DE ECLIPSES
Actividades y eventos
Descubre las actividades que se realizarán en tu entorno sobre los eclipses
Quen somos?
Esta plataforma é a canle oficial da Comisión Interministerial para o Trío de Eclipses, o órgano colexiado creado polo Goberno de España para garantir a preparación, organización e coordinación segura destes eventos.
De quen dependemos
Esta Comisión é adscrito ó Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a través da Secretaría de Estado de Ciencia, Innovación e Universidades, quen ostenta a presidencia da organización.
A nosa misión
A xestión de tres grandes eclipses consecutivas formula desafíos complexos en mobilidade, seguridade e loxística. Polo tanto, a nosa principal tarefa é coordinar as accións das diferentes administracións públicas para actuar de forma proactiva e conxunta.
Os nosos obxectivos prioritarios son:
- Divulgación e ciencia: Garantir a difusión de información oficial veraz e fomentar o interese pola astronomía e a exploración espacial.
- Seguridade e saúde: Planificación de medidas de protección civil, xestionar a mobilidade masiva de persoas e previr riscos para a saúde pública durante eventos.
- Turismo e economía: Promover o turismo científico e impulsar as economías locais nas zonas con maior visibilidade de eclipses.
Un esforzo conxunto
Aínda que está dirixida polo Ministerio de Ciencia, a Comisión inclúe representantes de varios ministerios clave (Transporte, Interior, Defensa, Turismo, Educación, Transición Ecolóxica, entre outros) para achegar unha resposta integral.
Tamén contamos co asesoramento científico directo das principais institucións astronómicas do país, como o Observatorio Astronómico Nacional, o Instituto de Astrofísica de Canarias e o Instituto de Astrofísica de Andalucía. Ademais, contamos coa colaboración da Comisión Científica e de Asesoramento do Trío de Eclipses.