Como moverse durante a eclipse
A eclipse prevista para o próximo 12 de agosto xerará un volume extraordinario de desprazamentos cara ás zonas óptimas de observación. Ó coincidir coa operación verán, un período de alta mobilidade en todo o país, resulta fundamental planificar adecuadamente as viaxes.
Para garantir desprazamentos seguros e minimizar a conxestión, organismos oficiais desenvolveron unha serie de liñas de acción coordinada. O obxectivo é previr as situacións rexistradas en eventos astronómicos similares a nivel internacional, como grandes retencións nos eixes viarios, aumento da sinistralidade ou dificultades para os servizos de emerxencia e a mobilidade local.
Actuacións institucionais coordinadas
As autoridades están levando a cabo as seguintes medidas para protexer a seguridade cidadá e xestionar o tráfico:
- Reforzo policial: posta en práctica de plans de reforzo por parte das Forzas e Corpos de Seguridade para manter a protección cidadá.
- Xestión do tráfico: xecución de plans específicos na rede de estradas, baixo a coordinación da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) e os órganos competentes nas comunidades autónomas con policía propia.
- Estudo de mobilidade: o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está desenvolvendo unha análise para identificar riscos de conxestión, propoñer medidas no sistema de transportes e apoiar a toma de decisións.
Recomendacións para unha observación segura
Para o mellor resultado do traballo das institucións e para a súa propia comunidade, rogamos que teña en conta as seguintes indicacións:
- Evitar desprazamentos o día da eclipse, especialmente tralo máximo, cando adoita concentrarse a maior parte do tráfico de retorno.
- Priorizar localizacións de observación próximas á rede de alta capacidade, arredor dun minuto de totalidade que garanten unha experiencia plenamente satisfactoria.
- Planificar as viaxes con antelación e prioriza, sempre que sexa posible, o uso do transporte público. Desaconséllanse os desprazamentos improvisados, especialmente en zonas turísticas.
- Extremar a precaución na estrada e respectar as normas de seguridade viaria.
- Controlar as túas pertenzas, evitar mostrar obxectos de valor e atender sempre as instrucións das autoridades e dos servizos de emerxencia.
- Manterse informado a través das canles oficiais e seguir sempre as indicacións da DGT e das autoridades de tráfico.
- Ter instalada a app oficial das forzas de seguridade, Alertcops.
Ligazóns e recursos oficiais
Mantéñase sempre informado a través das canles oficiais das autoridades de tráfico e seguridade:
Ministerio do Interior - Páxina oficial de Alertcops. Ofrece os servizos de seguridade cidadá e emerxencias da Policía Nacional e da Garda Civil dunha maneira rápida, directa, discreta e eficaz.
https://alertcops.ses.mir.es/publico/alertcops/
https://alertcops.ses.mir.es/publico/alertcops/sobre-alertcops.html
- Instituto Xeográfico Nacional (IGN): Visita a súa páxina oficial de eclipses para consultar mapas, rutas, horarios e ferramentas que lle permitirán localizar puntos críticos de observación. https://eclipses.ign.es
- Dirección Geral de Tráfico (DGT): A DGT emprega canles dixitais que ofrecen información sobre o estado do tráfico, accesible en calquera momento e desde calquera dispositivo. Estes inclúen:
- O visor web oficial: mapa do estado do tráfico e incidencias https://etraffic.dgt.es/etrafficWEB/ onde o usuario pode consultar o estado do tráfico, cámaras, incidencias, tempo e restricións.
- Creación dun banner e espazo na páxina web da DGT para a eclipse www.dgt.es
- As redes sociais oficiais, como X (@DGTes e @informacionDGT)
- A información está accesible para os proveedores de información de tráfico (navegadores) no punto de acceso nacional de información de tráfico https://nap.dgt.es/.
Ademais, a información ofrécese a través de paneis de mensaxes na estrada, boletíns de radio-tráfico e o servizo telefónico 011.
Estudos de impacto
Están a estudarse os posibles impactos na mobilidade derivados do Trío de Eclipses por parte do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, sobre previsión de demanda e análise da afectación a infraestruturas e servizos de transporte, así como propostas de medidas para garantir a mobilidade.