Outros riscos sanitarios

Protéxete durante as eclipses

Prevención de sinistros viarios

Imaxe
Persona conduciendo con sol de fondo
  • Acontecementos pouco frecuentes como unha eclipse solar xeran moita afluencia de persoas en sitios de maior visibilidade; isto supón multitude de desprazamentos e un aumento de sinistros viarios. 
  • A eclipse de 2026 vai ser visible en toda España. A diferenza con outras zonas da franxa visible non vai ser tan grande como para compensar outros factores, como pode ser o tráfico ou a falta de espazo libre no que colocarse. Aquí podes atopar información sobre a visibilidade da eclipse na túa localización.
  • A eclipse de 2027 será visible soamente nunha estreita franxa do territorio español polo que, se vas viaxar, planifica todo con antelación.
  • Lembra conducir con precaución, non mires o móbil ou outros dispositivos electrónicos mentres conduces, non consumas alcol nin outras drogas se vas conducir, non superes os límites de velocidade, usa sempre o cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil, respecta peóns e ciclistas así como así como a sinalización e indicacións das autoridades locais.

Prevención de lesións na pel

  • Mesmo durante unha eclipse parcial ou anular, ou durante as fases parciais dunha eclipse total, o sol brilla con moita intensidade, polo que ó observar unha eclipse completa, podes estar exposto á luz solar directa durante horas.
  • Busca zonas sombreadas ou usa antucas.
  • Non esquezas usar protector solar, chapeu e roupa protectora para evitar danos na pel.
  • Asegúrate de que as persoas ó teu cargo, xa sexan maiores ou pequenas, tamén estean protexidas.

Prevención de lesións por calor

Prevención enfermidades transmitidas por auga e alimentos

  • Os eventos masivos ou con gran afluencia de persoas poden dar lugar a un aumento do risco de enfermidades transmitidas por auga ou alimentos. 
  • Segue as recomendacións de hixiene ó preparar e consumir alimentos e bebidas. 
    • Verifica que a auga que bebes e usas para cociñar é potable. 
    • Verifica que os alimentos que vas utilizar ou inxerir están en bo estado.
    • Lava as mans antes de preparar ou inxerir alimentos. 
    • Conserva os alimentos a temperaturas seguras. 
    • Lembra separar alimentos crús dos cociñados.
    • Se vas cociñar, lembra facelo completamente.

Prevención de enfermidades transmitidas por mosquitos e carrachas

  • As eclipses van ter lugar en época de maior actividade de mosquitos e carrachas. Lembra seguir as recomendacións para evitar picaduras: 
    • Se vas estar en zonas ao aire libre con vexetación evita camiñar en zonas boscosas e con arbustos.
    • Usa roupa que cubra a maior parte do corpo, como mangas e pantalóns longos.
    • Mete as perneiras dos pantalóns dentro dos calcetíns para que as carrachas non se metan.
    • Usa roupa de cores claras para facilitar a identificación de carrachas na roupa.
    • Usa repelentes de insectos aprobados na pel e/ou a roupa seguindo as instrucións.
    • Revisa regularmente a roupa e a pel para detectar carrachas, especialmente despois de realizar actividades ó aire libre.

Outros posibles eventos de saúde

  • Lembra levar sempre a medicación e o cartón sanitario tanto túas como das persoas ó teu cargo.