España sitúase como o destino principal para a observación astronómica internacional durante o período 2026-2028. A coincidencia de tres fenómenos astronómicos consecutivos ofrece ó visitante unha oportunidade excepcional para coñecer a diversidade do territorio español baixo unhas condicións de visibilidade únicas en Europa.
Neste mapa podes consultar os puntos preferentes de observación Ademais, facilitámosche as claves para que poidas organizar a túa visita de xeito eficiente e seguro:
O calendario dos eventos
Á hora de planificar a túa observación, debes ter en conta as características e zonas de visibilidade de cada eclipse:
- 12 de agosto de 2026 (eclipse total). A sombra cruzará o terzo norte e centro peninsular, o levante e as Illas Baleares. É un evento que ocorrerá á tardiña, ofrecendo unha perspectiva única preto do horizonte.
- 2 de agosto de 2027 (eclipse total). A banda de totalidade desprazarase ó sur da península, Ceuta e Melilla. Ó ocorrer a media mañá en zonas cunha probabilidade de ceos despexados moi alta, e ser a eclipse de maior duración, espérase unha gran afluencia.
- 26 de xaneiro de 2028 (eclipse anular). O fenómeno do «anel de lume» cruzará desde o suroeste até o mediterráneo. É a oportunidade perfecta para desfrutar deste tipo de eclipses desde o interior e o levante español baixo a suave luz do inverno.
Chegada de visitantes
- Moitas persoas viaxarán a España ou por España para vivir este evento; isto supón un reto de xestión e organización, especialmente nas zonas rurais ou con maior despoboamento.
- Gran parte do país verá como os seus índices de ocupación turística incrementarán por estas eclipses e engadirá un reto adicional para a xestión destas chegadas.
- Se tes previsto asistir á visualización das eclipses teñas en conta determinados aspectos asociados á chegada e estancia.
- Moitas das zonas por onde pasará a franxa de totalidade das eclipses son destinos e lugares de interior con aloxamentos rurais preto dos puntos de observación. Alén disto, boa parte deles están en áreas e poboacións que contan con certificación Starlight polo que desfrutarás de ceos ideais para observar as estrelas.
- Aproveita a oportunidade para desfrutar do astroturismo e a astrofotografía. Os días previos ou posteriores á eclipse son tamén unha excelente opción para descubrir rexións de España onde poderás desconectar de verdade.
- Turespaña, a través da súa páxina web Spain.info facilita información sobre tódolos destinos en España, a súa riqueza cultural, gastronómica, artística e ambiental. Aproveita a ocasión para descubrir ese lugar no que non estiveches antes ou que non coñeces o suficiente. Sorprenderate coñecer toda a riqueza que España.
Diversidade de destinos e xeografía
Cada un dos eventos dará protagonismo a diferentes realidades xeográficas de España:
- Contornas naturais e certificacións Starlight. España é pioneira na protección do ceo escuro. Dispón de numerosos destinos certificados ideais para unha observación técnica, tranquila e respectuosa do ceo.
- Patrimonio e contornas urbanas. As bandas de sombra atravesan cidades Patrimonio da Humanidade e municipios cunha ampla oferta cultural. Podes combinar a observación astronómica co acceso á riqueza monumental de cada rexión.
- Zonas rurais e interior. Gran parte dos mellores puntos de visión están na España rural. O Trío de Eclipses supón unha oportunidade para dinamizar as economías locais destas zonas, que se preparan especificamente para ofrecer os mellores servizos.
Recomendacións de planificación
Para que a túa experiencia sexa satisfactoria en calquera dos tres anos, recomendamos seguir estas pautas:
- Antelación. Debido ó interese mundial, o aloxamento e o transporte nas zonas de maior visibilidade adoitan esgotarse meses antes. Aconsellamos valorar as necesidades de desprazamento e xestionar as reservas con tempo.
- Mobilidade responsable. Utiliza preferentemente o transporte público e segue as indicacións de tráfico da DGT e as autoridades locais. O día do evento, evita os desprazamentos de última hora para previr conxestións.
- Respecto á contorna. Segue sempre as normas de limpeza, coida dos ecosistemas e utiliza unicamente as zonas habilitadas para o público, especialmente se te achegas a unha contorna natural.
- Perigo de incendios. As eclipses de agosto (2026 e 2027) coinciden coa época de máximo risco de incendios en España. Se te vas mover por zonas vulnerables ou desprazar por zonas rurais ou de monte para a observación, extrema as precaucións.
- Descarga a nosa guía de dez puntos para o turismo responsable durante o eclipse (español).
Ferramentas oficiais e ligazóns
Nesta web tes acceso permanente a recursos actualizados para os tres eventos:
- Centro de traxectoria. Consulta horarios, duración e porcentaxes de visibilidade segundo a túa localización.
- Guías de seguridade. Manuais oficiais para a protección da túa saúde e protección civil.
- Recomendacións de mobilidade. Para garantir desprazamentos seguros e minimizar a conxestión, desenvolvéronse unha serie de liñas de acción coordinada entre organismos oficiais.
- Puntos de observación das eclipses. Para que vivas a mellor experiencia posible, as distintas Comunidades Autónomas identificaron unha serie de puntos de observación preferentes. Son lugares que reúnen condicións óptimas de visibilidade, accesibilidade e capacidade para acoller persoas de forma segura.
- Spain.info promociona os destinos dos eventos das eclipses, dando a coñecer España como destino de observación de ceos e estrelas.