Castela e León

O gran escenario de 2026

Se houbese que escoller un epicentro mundial para a eclipse de 2026, ese sería Castela e León. A súa vasta xeografía de meseta, con horizontes limpos e ceos despexados no verán, convértea no destino técnico e turístico número un de Europa para observar o fenómeno. A rexión non só será testemuño, senón protagonista absoluta do inicio do trienio astronómico.

O 12 de agosto de 2026 será lembrado durante xeracións. A franxa de totalidade atravesará o corazón da comunidade de noroeste a sueste, cubrindo unha extensión inmensa. Cidades monumentais como Burgos, Palencia, Segovia, Valladolid, León, Zamora e Soria quedarán mergulladas na noite repentina. Pero o que fai única a esta rexión é a súa orografía: as chairas de Terra de Campos ofrecerán unha visión sen obstáculos da eclipse, que ocorrerá a baixa altura. Ver a coroa solar sobre os campos de cereal ou catedrais góticas será a imaxe que dará a volta ó mundo.

A eclipse de 2027 será parcial en toda a rexión (cunha notable ocultación do disco solar). Para finalizar, o 26 de xaneiro de 2028, aínda que a rexión queda fóra da franxa de anularidade, veremos é unha eclipse parcial profunda, onde a Lúa cubrirá unha gran parte do disco solar, pero sen chegar a formar o anel completo

Resumo de visibilidade

12 de agosto de 2026

Eclipse total. A mellor zona de observación de España. Afecta á práctica totalidade da rexión (excepto o extremo sur de Ávila/Salamanca). Burgos e Palencia estarán moi preto da liña central de máxima duración.

2 de agosto de 2027

Eclipse parcial.

26 de xaneiro de 2028

Eclipse anular. A rexión queda fóra da franxa de anularidade, e o que veremos é unha eclipse parcial profunda.